Categorías
Uncategorized

Temos gañador

Despois do sorteo realizado pola secretaria municipal publicouse o gañador no Facebook do Concello e no xornal La Opinión: Pedro Viqueira,veciño de Vixoi cunha observación dun niño de velutina, das dúas que enviou.Parabéns!

Categorías
Uncategorized

Sorteo do premio

Será este mércores día 15 na casa do Concello ás 12:00

Temos 15 participantes e o sorteo será aberto ó público efecturado pola Secretaria do Concello.

Categorías
Uncategorized

Invasora en columna

Hoxe falamos dunha especie, a Crepidula fornicata que apareceu na costa atlántica europea nos anos 70 asociada a cultivos de bivalvos, procedente de Norteamérica.

Atopase enriba doutros moluscos, sobre todo bivalvos(mexillóns, ostras,..) unhas encima de outras formando como unha columna. Pode matar outras especies nos cultivos por afogamento, ó cubrilas completamente.

En Bergondo aparecen as cunchas mortas nas praias, procedentes de zonas de cultivos mariños. Pode valer como observación para o concurso se enviades unha fotografía.

Lembrade que quedan 6 días.

Categorías
Uncategorized

Invasoras floridas

Voltamos a animarvos a participar no concurso e a entrar na sección Coñece desta web para aprender cales son as Especies Exóticas Invasoras presentes no noso concello.

Agora mesmo moitas delas están moi floridas e son doadas de observar, si tes o ollo feito a elas. Por exemplo a Buddleja, unha pranta chinesa cunha flor preciosa, que tamén podedes ver no cartaz desta campaña. Está visible en moitas beiras de estradas e expandíndose cada vez que se fai unha obra, deixando o chan libre, pois produce gran cantidade de sementes.

Buddleja davidii

Estes días voltaremos colocar as cintas que identificaban algunhas especies que aparecen no mapa desta mesma web, para facilitarvos que as coñezades.

E para finalizar deixamosvos aquí un artigo en prensa de onte día 2, sobre Especies Exóticas Invasoras no concello de Pontevedra. Prácticamente todas elas podemos atopalas no noso concello. Menos o cangrexo americano, moi próximo en Cecebre, e a Cotula coronopifolia, por confirmar.

Categorías
Uncategorized

Retomamos o concurso

A partir do próximo 1 de xuño podedes enviarnos as vosas observacións de novo.

Tedes de prazo ata o 1 de xullo ás 14 horas. O sorteo do premio será o día 15 de xullo. Lembrade que é unha estancia dun fin de semana para dous adultos e ata dous nenos nunha casa de turismo rural.

Temos pendente marcar de novo as indicacións que fixemos polo concello que figuran no mapa desta web. Alí atoparedes algunhas das especies exóticas invasoras, para que aprendades a identificalas.

Para animarvos a retomalo deixámosvos unhas fotos dunha margarida sudafricana, a Artoctheca calendula.

Podedes atopala nalgunha das praias do concello. Gústalle o terreo areoso. Distínguese por unha flor fermosa, un envés das follas dun verde tirando a branco ou grisáceo.

Está en época de liberar a semente, así que por favor non collades as flores e as levedes por aí. Estaredes extendéndoa.Temola atopado ata en camiños de monte, ,que non é o lugar habitual para que apareza.

É moi fermosa pero si a atopades nunha das nosas praias, veredes que ocupa todo, que fai auténticas alfombras, e ás veces poden chegar a ser moi grandes, do tamaño dun capazo.

Margarida africana
Alfombra de margaridas nunha das praias de Bergondo
Categorías
Uncategorized

Aprazamento

Como podedes imaxinar o concurso leva estas dúas semanas de estado de alarma en pausa. Aínda que unha persoa enviou dúas observacións dende o momento de decretarse o confinamento non poden ser válidas, posto que ninguén pode sair de casa.

Do mesmo xeito a finalización do concurso, que estaba prevista para hoxe dia 31 de marzo ás 14 horas, como podedes ver nas bases, queda aprazada. En canto se levante o estado de alarma prorrogaremos o concurso cando menos os 18 días que faltaban para rematar cando se decretou.

Categorías
Uncategorized

Invasora ou non invasora?

Hai uns días unha participante enviounos unha observación de ostras xaponesas (Cassostrea gigas) invadindo as rochas da praia do Regueiro.

Cando se publicou a Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e Biodiversidade falaba de que se crearía un listado de especies invasoras e potencialmente invasoras. Isto regulouse co Real Decreto 1628/2011 no que aparece como potencialmente invasora a ostra do Pacífico ou xaponesa.

Polo posterior RD 630/2013 desaparece ese listado de especies potencialmente invasoras e por tanto a ostra que nos ocupa.

Sucedeu algo parecido co eucalipto, que estaba como potencialmente invasor en Canarias e finalmente non é invasor en ningún lugar.

Supoño que parece un sarillo, as leis son difíciles de entender ás veces, cando hai especies como esta que nos ocupa cun carácter claramente invasor.

En definitiva, non podemos dar por válidas observacións de estas especies pois como indicamos nas bases só as que aparezan no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras son válidas.

Pero isto amosa o voso interés polo que pasa nas praias e ao voso arredor.

Insistimos: tamén podedes mandar as observacións ao correo da campaña bergondo@buscanseinvasoras.org . Para elo tedes que enviar unha foto onde se observe ben unha referencia para saber onde está situada; ou a ligazón a unha posición dun mapa, en google maps ou outro servicio similar. Tedes que incluir o nome do participante para poder asignarvos un número de participación no sorteo.

Categorías
Uncategorized

Primeiras observacións

Están chegándonos as primeiras observacións a través da aplicación do Concello Bergondo Contigo. Pero algunha ven sin posición no mapa. Si non vos manexades ben cos mapas indicádenos referencias do lugar cunha foto.Si a foto non é clara para localizar o sitio necesitamos o mapa cunha posición aproximada para poder comprobar a especie invasora e o lugar.Se non podemos facelo podería quedar desestimada e non entraría cun número no sorteo.
Podedes clicar aquí para consultar as bases do concurso publicadas no Boletín Oficial da Provincia, para que queden claras.

Parecen moi fermosas pero mirade o que hai detrás, #invasora #alien

Categorías
Uncategorized

Nos medios

Xa estamos recibindo as primeiras observacións dos veciños.
Mentras deixamosvos as aparicións da campaña en prensa e radio.
A Voz de galicia

Na Radio Galega

Categorías
Uncategorized

Noticias da campaña

Aquí iremos contando o que vai pasando co concurso e engadindo información sobre Especies Exóticas Invasoras.

Polo pronto comezamos contándovos que especies aparecen no cartaz que vedes por todo Bergondo.

  1. Robinia pseudoacacia Falsa acacia.
  2. Vinca sp.* Vinca, cangroia, semprenoiva.
  3. Budlejja davidii Herba das bolboretas.
  4. Tradescantia fluminensis Orella de gato, amor de home.
  5. Cortaderia selloana Plumeiro, plumacho, herba da Pampa.

* sp. significa especie cando aparece non se indica cal é, poden ser varias.