Categorías
Uncategorized

Invasora ou non invasora?

Hai uns días unha participante enviounos unha observación de ostras xaponesas (Cassostrea gigas) invadindo as rochas da praia do Regueiro.

Cando se publicou a Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e Biodiversidade falaba de que se crearía un listado de especies invasoras e potencialmente invasoras. Isto regulouse co Real Decreto 1628/2011 no que aparece como potencialmente invasora a ostra do Pacífico ou xaponesa.

Polo posterior RD 630/2013 desaparece ese listado de especies potencialmente invasoras e por tanto a ostra que nos ocupa.

Sucedeu algo parecido co eucalipto, que estaba como potencialmente invasor en Canarias e finalmente non é invasor en ningún lugar.

Supoño que parece un sarillo, as leis son difíciles de entender ás veces, cando hai especies como esta que nos ocupa cun carácter claramente invasor.

En definitiva, non podemos dar por válidas observacións de estas especies pois como indicamos nas bases só as que aparezan no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras son válidas.

Pero isto amosa o voso interés polo que pasa nas praias e ao voso arredor.

Insistimos: tamén podedes mandar as observacións ao correo da campaña bergondo@buscanseinvasoras.org . Para elo tedes que enviar unha foto onde se observe ben unha referencia para saber onde está situada; ou a ligazón a unha posición dun mapa, en google maps ou outro servicio similar. Tedes que incluir o nome do participante para poder asignarvos un número de participación no sorteo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *